Actualidade
Colectivos e Asociacións de Vigo visitan a Vía Verde de Vigo
O Concello de Vigo convida aos colectivos e asociacións de Vigo a visitar a Vía Verde para coñecer a súa historia e o programa “Vida saudable para tod@s”
Iniciáronse as visitas á Vía Verde de Vigo coa Asociación de Veciños da Miñoca, que este pasado mércores 26 de abril tiveron a ocasión de realizar un Percorrido entre Vía Norte e o Parque Biosaudable das Coutadas. Varias asociacións e colectivos teñen realizado solicitudes para as vindeiras semanas (interesados poden contactar no teléfono 631 179 262 ou en info@viaverdevigo.org)
Na actividade presentouse a tripla dimensión desta infraestrutura pública: un espazo recuperado, un espazo de actividade física e de socialización para a cidadanía viguesa, e un espazo no que se pode ver a evolución da cidade. Durante a actividade moitos dos participantes aportaron as súas vivencias e recordos en relación coas instalacións da estación de tren de Urzaiz ou do percorrido dos trens polo trazado ata Chapela.