Actualidade

O programa de actividades saudables na Vía Verde bota a andar este martes 4 de abril

Un nutrido grupo de usuarias e usuarios da Vía Verde interesáronse polas actividades propostas para mellorar a actividade física que realizan.

Un nutrido grupo de usuarias e usuarios da Vía Verde interesáronse polas actividades propostas para mellorar a actividade física que realizan. Algúns deles participaron nos test de valoración que permiten realizar propostas adaptadas ás súas necesidades.

Por outra banda, as familias poideron gozar das actividades lúdicas propostas e ao final participaron nun rastrexo ao longo da Vía Verde.

Mañán mércores 5 de abril está previsto un día completo de actividades para persoas maiores, para adultos, e pola tarde tamén para familias.