Actualidade
A Senda Verde, punto de encontro para celebrar o Día Mundial da Actividade Física
O Concello conmemora esta efeméride con accións de promoción do exercicio e a vida saudable entre o alumnado de varios centros escolares da cidade.
Abel Caballero achegouse este mércores ao Parque Biosaudable de Coutadas, na Vía Verde, onde están a desenvolverse distintas actividades con motivo do Día Mundial da Actividade Física co obxectivo de que a xente nova adquira “criterios de vida saudable”.
Ao longo desta semana participarán neste programa 175 alumnos e alumnas dos colexios Quiñones de León, Frián-Teis e Paraixal. Aos que participaron este mércores, o rexedor trasladoulles a necesidade de que fagan unha vida saudable e de “camiñar unha milla diaria, un quilómetro e medio e a Vía Verde é fantástica para facelo”.
» Acceso ao artigo de xornal.vigo.org «
O día 19 de abril celébrase o Día Mundial da Actividade Física (tocaba o día 6 de abril pero ao cincidir con semana santa, aprázase a ese día), co obxecto de promover que a cidadanía realice exercicio físico para mellorar a súa saúde.
Aproveitando a programación da Concellería de Medio Ambiente e Vida Saudable, esta semana intensificáronse as actividades de "Via Verde de Vigo, unha proposta saudable para todas e todos".
Está previsto que 3 centros educativos teñan activdidade de martes a venres (martes: Colexio Quiñones de León; mércores e xoves: CEIP Frián Teis; venres: CEIP Paraixal). Está previsto 175 nenos e nenas realizando unha actividade denominada "Unha milla diaria"
Ver máis na web viaverdevigo.org