Actualidade

O Concello enche de actividades de vida saudable a Vía Verde

O alcalde visitou este luns o parque biosaudable de Coutadas, un dos espazos da senda nos que se van desenvolver propostas de actividade física para persoas maiores, adultos, centros educativos e asociacións.

O programa “Toda actividade física conta” inclúe actividades de vida saudable para desenvolver na Vía Verde entre os meses de abril e maio deste ano 2023.

Tal e como explicou Abel Caballero “queremos que a Vía Verde se constitúa nunha zona de paseo saudable, de exercicio saudable, de ocio e esparexemento. Con ese fin, ofreceranse alternativas de actividade física para diferentes grupos de poboación nas infraestruturas da Vía Verde”, a senda peonil, o carril bici e os dous parques biosaudables: Coutadas e Mestre Chané.

As actividades deseñáronse seguindo as indicacións da Organización Mundial da Saúde e van destinadas a persoas maiores de 65 anos, persoas adultas (entre 18 e 64), familias e sete centros de educación primaria da cidade así como colectivos ou asociacións que queiran coñecer as potencialidades da Vía Verde

» Ler artigo completo en xornal.vigo.org «