Colectivos

Colectivos e asociacións

Actividades para asociacións veciñais, culturais ou sociais, así como colectivos informais

A Vía Verde é un espazo de actividade física e de convivencia, así como un balcón á historia da cidade de Vigo.

Con tal motivo está previsto que as asociacións ou colectivos interesados en coñecer as posibilidades que ofrece esta infraestrutura social que poidan solicitar unha visita guiada na que se poderá facer unha sesión de sensibilización sobre a actividade física para persoas adultas e persoas maiores, así como un paseo pola Vía Verde para coñecer a súa historia e algunhas curiosidades.

Datas e horario: a determinar co colectivo ou asociación entre os meses de abril e maio de 2023.

Duración aproximada: 1´5 – 2 horas

Lugar de convocatoria: Parque Mestre Chané, Parque das Coutadas ou Acceso á Parque da Riouxa

Entidades solicitantes: asociacións veciñais, culturais ou sociais, así como colectivos informais.